Visitas
Parlamento das Letras
Parlamentos recentes
Outras lecturas críticas (1991-2010)
Amilladoiro
- francisco x. fernández naval en Parlamento das Letras: Eva Veiga
- Charo Portela Yáñez en Para ler a Paz Andrade
- Armando Requeixo en Arañeira vital
- Anónimo en Arañeira vital
- Antón Riveiro Coello en Olga Novo e Antón Riveiro Coello, premios da Crítica
Estou a ler
Próximos:
- Parafusos, de Óscar Seoane Casqueiro
- 2044, de Eduardo Santiago
- Espirais, de Javier Mosquera Saravia
- Anoiteceres estraños, de Varios autores
- O código da vincha, de Calros Solla
Actuais:
Recentes:
- A aldea, de Xavier Frías Conde
- Corazón de pedra, de Agustín Fernández Paz
- Valentín Paz Andrade. Vida e obra, de Charo Portela Yáñez
- Os ángulos da brasa, de Manuel Álvarez Torneiro
- Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño
Histórico
Categorías
- Banda deseñada
- Crítica literaria
- Derivas
- Día de Feira
- Ensaio galego
- Ensaio galego actual
- Literatura galega
- Literatura galega de tradición oral
- Literatura infantoxuvenil
- Narrativa galega
- Narrativa galega actual
- Outras literaturas
- Parlamento das Letras
- Poesía galega
- Poesía galega actual
- Sen clasificar
- Teatro galego
- Teatro galego actual
- Tradución
- Varia
Monthly Archives: Febreiro 2011
A cara B de Ignacio Silva
Saudar a aparición da obra primeira dun autor novel é sempre un motivo de satisfacción. Primeiramente porque aos amantes da literatura se lles abre una nova fiestra pola que ollar outros horizontes e, en segundo lugar, porque un dos traballos máis gratificantes para un crítico literario é poder participar dese pequeno milagre que é asistir ao nacemento doutra voz que poderá axudar a manter acesa a chama milenaria dunha escrita como a nosa.
Ignacio Silva cumpre con ese rito iniciático ao publicar Cara B, volume no que se compilan tres novelas curtas que, baixo a aparente diversidade das súas temáticas e argumentos, esconden reveladoras coincidencias nas trabes mestras que as sosteñen.
Deste xeito, aínda que Cara B é un libro por agregación, pois en puridade non é senón a edición por xunto de tres textos gañadores doutros tantos certames (o Premio de Micronovela Concello de Soutomaior 2009, o Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira 2009 e mais o Premio Valle Inclán da Pobra do Caramiñal 2008) e, por tanto, fai obvio o feito de que estas historias non foron ideadas para formar parte de ningunha estrutura unitaria ou integral, porén, é tamén certo que todas tres remiten a unha mesma arquitectura estrutural: este tríade de relatos defronta os individuos cos seus propios límites, asédiaos psicoloxicamente nun momento das súas traxectorias no que as circunstancias que deben superar acaban por poñelos contra as cordas, provocando reaccións extremas e inesperadas.
Na categoría Crítica literaria, Narrativa galega actual
Coas etiquetas Cara B, Crítica literaria, Edicións Xerais, Ignacio Silva, Narrativa galega actual
1 Comentario
Os días galegos de Federica Montseny
Co suxestivo título de Impresións dunha viaxe por Galicia en 1935, a Editorial Trifolium da Coruña recupera a crónica da xira que a coñecida intelectual e activista catalá Federica Montseny (Madrid, 1905—Toulousse, Francia, 1994) realizou por diversas localidades da nosa Terra en decembro daquel ano.
Betanzos, Ferrol, Cariño, Santiago, A Coruña, Lugo, Carballo e Ourense foron testemuñas das radicais prédicas dunha Montseny decididamente libertaria, que se significou na súa loita a prol da defensa anarcosindicalista e de xénero, amosando tamén comprensiva sensibilidade ante o feito lingüístico galego.
Prologada por un dos nosos mellores coñecedores no estudo da historiografía social e revolucionaria galega, Eliseo Fernández, esta crónica —inicialmente aparecida por entregas en La Revista Blanca nos primeiros meses de 1936— ve luz agora no noso idioma da man de Enrique Sánchez Rodríguez, quen fixo un meritorio labor de acomodación do orixinal castelán que, porén, non ficou exento de numerosas inadecuacións normativas que deslocen un tanto o resultado final.
Impresións dunha viaxe por Galicia en 1935 é un documento sociohistórico excepcional, que achega tamén unha particular visión da nosa paisaxe e a nosa paisanaxe a través dos ollos dunha das protagonistas indiscutibles de todo un tempo.
Deriva receptora
Ao fío da anterior Deriva, quero propor unha nova reflexión para a que convido a todos os visitantes desta casa a que deades, se vos apetece, o voso parecer.
A cuestión sobre a que me interesa profundar sería a seguinte: ¿Por que a xente, en xeral, le tan pouco (refírome a literatura dun mínimo de “calidade”) e, máis concretamente, por que en Galicia a cifra dos receptores da escrita de noso é tan discreta?
A seguir, avanzo algunhas posibles respostas que, insisto, me gustaría fosen (re)consideradas, completadas, contraargumentadas, perfiladas, reenfocadas ou mesmo (in)validadas por todas e todos os que desexedes achegar a vosa visión sobre do particular, que vos agradezo dende xa. E velaí:
Deriva lectora
Nestes últimos tempos lin artigos e declaracións de diversos estudosos do sistema literario galego a propósito do teito potencial de lectores para a nosa lingua e as circunstancias que rodean este feito. Como entendo que o tema esperta interese e as informacións que se están dando poden semellar un descubrimento para algúns, gustaríame recuperar aquí uns fragmentos dun escrito de hai trece anos onde abordaba tal problemática.
Segundo unha enquisa realizada polo Instituto de Estudios Sociolóxicos Galegos S. L (Sondaxe) en 1995, o 48% da poboación non le nunca literatura galega, o 39’8% faino poucas veces, o 8’6% le literatura galega bastante a miúdo e só o 3’1% o fai moi a miúdo. Se temos isto presente e lembramos que segundo o Mapa Sociolingüístico de Galicia (1994) só o 45’9% da poboación total galega (preto de tres millóns) consegue ler na nosa lingua, podemos deducir que esta situación fai diminuír considerablemente o número de lectores potenciais do galego, tanto de libros de creación ou ensaio coma de calquera texto escrito na prensa en tal idioma, podendo cifrarse o teito de audiencia potencial de textos en galego actualmente nuns 150.000 lectores.
Isto explicaría varias disfuncións, como a desaparición constante de suplementos literarios na prensa escrita (…) ou os espazos residuais que na programación televisiva e radiofónica ocupa moitas veces a nosa literatura. A cultura en xeral, non só en Galicia senón en case todas partes, non vende, non é rendible e, polo tanto, tende a folclorizarse e sacralizarse ata a desubstanciación; interesa a súa promoción, pero só como irmá menor das cuestións verdadeiramente importantes para un país: a política e a macroeconomía (…).











