Visitas
Parlamento das Letras
Tabela dos Libros. Maio 2013
Parlamentos recentes
Amilladoiro
Estou a ler
Próximos:
- Carlos Casares, o amigo das palabras, de Rafael Laso Lorenzo
- Obras completas, de Roberto Vidal Bolaño
- O misterio dos bailaríns. Penca de prata, de Arthur Conan Doyle (trad. de Alejandro Tobar)
- O asombro, de Fantoches Baj (sobre textos de Uxío Novoneyra)
- Leda m\’and\’eu. Erótica medieval galaica, de Olga Novo
Actuais:
Recentes:
- O gato fantasma, de Xelís de Toro
- O aprendiz de home do saco, de Antonio Reigosa
- Intermitencia da cidade, de Helena Salgueiro
- Festival, de César Aira (trad. Juan Tallón)
- Viaxe a Lánsbrica, de Miguel Mosquera Paans
Histórico
Categorías
- Banda deseñada
- Crítica literaria
- Derivas
- Día de Feira
- Efemérides
- Ensaio galego
- Ensaio galego actual
- Literatura galega
- Literatura galega de tradición oral
- Literatura infantoxuvenil
- Literatura insólita
- Narrativa galega
- Narrativa galega actual
- Outras literaturas
- Parlamento das Letras
- Poesía galega
- Poesía galega actual
- Tabela dos Libros
- Teatro galego
- Teatro galego actual
- Tradución
- Varia
Monthly Archives: Agosto 2011
Seguimos Protextando
Xa está na rúa o novo número da revista de libros Protexta, suplemento exento que acompaña a veterana Tempos Novos e que, con esta entrega, chega á ducia e media de saídas e camiña cara ao seu primeiro lustro de vida.
Coordinada por Ana Salgado, a revista conta cun moi amplo abano de colaboradoras e colaboradores (case medio cento) que, a través das distintas seccións da publicación, van dando conta crítica dos principais títulos narrativos, poéticos, teatrais, ensaísticos, de banda deseñada e de literatura infantoxuvenil aparecidos no trimestre.
Aínda que Protexta atende, preferentemente, á produción bibliográfica galega, incorpora tamén de xeito puntual comentarios de volumes editados nas linguas irmás portuguesa e castelá, o que a converte nun privilexiado mostrario de boa parte da escrita peninsular.
Alén diso, a revista ofrece tamén entrevistas, reportaxes e artigos de fondo por medio dos cales complementa a visión crítica da actualidade literaria que radiografa extensamente.
A contracuberta deste novo número envía unha mensaxe que quero reproducir aquí: «Festéxame en vida e aforrarás verte moralmente obrigado/a a chorar por min». Fariamos ben en apoiar todas e todos a viabilidade de cabeceiras como a presente, pois non é pouco milagre que, nos tempos que corren, aínda poidamos seguir protextando. ¿Vai quedar por ti? ¿A que esperas para marchar ata o quiosco?
Na categoría Crítica literaria, Varia
Coas etiquetas Atlántica de Comunicación e Información de Galicia SA, Protexta, Varios autores
5 Comentarios
Volven as sombras
Sempre é unha boa nova saber que os nosos escritores ven traducidas as súas obras, pois entendo que é o mellor camiño para dar a coñecer ao mundo a valía incontestable da nosa literatura.
Desta volta quen tivo a fortuna de ver os seus versos noutra lingua foi o narrador, tradutor e poeta Francisco Xosé Fernández Naval, autor de Golpear de sombras, volume que na súa versión primeira na lingua de noso foi xa comentado aquí, e que agora aparece en castelán da man da prestixiosa editorial Huerga & Fierro.
A presente edición, bilingüe galego-castelá, contou como tradutora á profesora Teresa Seara, quen levou a cabo un traballo de estimable corrección, respectuoso co texto de partida e comedido nas licenzas poéticas.
Os que no seu día non tiveron ocasión de ler estes versos cos que Fernández Naval gañou o Premio Fiz Vergara Vilariño poden agora resarcirse coas páxinas desta fermosa edición, que leva como cuberta unha extraordinaria fotografía de Maribel Longueira, acaída soleira para uns poemas umbriamente luminosos na area do Tempo.
A espiral narrativa de Claudio Rodríguez Fer
Non é a primeira vez que chamo a atención sobre ese pernicioso hábito adquirido de etiquetar os autores non polo conxunto da súa produción, senón unicamente por aquela faceta que, polo motivo que sexa, os fixo máis coñecidos.
Este feito, contrario á xusta ponderación, é o que explica que asociemos decote o nome de Claudio Rodríguez Fer ao da mellor poesía galega das últimas décadas ou ao da máis alta investigación literaria e que se nos faga estraño velo asociado ao da narrativa, por exemplo.
E o caso é que o de Lugo é narrador dende hai corenta anos. Demóstrao o seu último libro publicado, Contos e descontos, no que reúne toda a súa narrativa completa édita e inédita.
En efecto, neste volume figuran compilados relatos escritos por Rodríguez Fer na mocidade e que aínda non viran luz, como os agrupados baixo o título común de Prometeo adolescente (1972-1976), ademais dos dous libros de contos Meta-relatos (1988) e Os paraísos eróticos (2010) e mais o apéndice O neno que non quería ir á guerra. Recordos dun neno da posguerra (2010), que tamén achega tres novas historias descoñecidas ata o de agora.
Por xunto, toda esta obra supera longamente os tres centos de páxinas e, en non poucos casos, inclúe prosas de calidade contrastada que foron mesmo escolmadas nas máis prestixiosas antoloxías do xénero. Por tanto, cómpre ir desterrando esa idea reducionista do Rodríguez Fer poeta e mais nada que tan adoito circulou.
Na categoría Crítica literaria, Narrativa galega actual
Coas etiquetas Claudio Rodríguez Fer, Contos e descontos, Crítica literaria, Editorial Toxosoutos, Narrativa galega actual
3 Comentarios













