Ba(h)-leados

Remato de ler balea2, de Estevo Creus. Un poemario que gustará aos devotos do naïf deliberado, da psicopoética e das brincadeiras alfanuméricas. Se che gusta volver, máis unha vez, sobre a mallada simbólica dos cetáceos, se che parece orixinalísimo escribir coma nenos para os maiores e viceversa, se o teu é o humor pretensamente intelixente e a crítica ideolóxica ma non troppo, se o suposto surrealismo trufado de neodadaísmo che semella disquecool, daquela, non o dubides, este balea2 éche unha boa forma de desprenderte dos cartos.

Esta entrada foi publicada en Crítica literaria, Poesía galega actual e etiquetada , , , , . Garda a ligazón permanente.