Tabela dos Libros. Decembro 2012

Velaquí a Tabela dos Libros do mes de decembro. Nela figuran seleccionados os volumes que, ao ver d@s crític@s participantes, son estimados como os máis recomendables de entre os publicados nas últimas semanas.

Este mes, amais, temos o pracer de saudar a incorporación ao Grupo Crítico da Tabela dos Libros do profesor e crítico Francisco Martínez Bouzas, quen no seu día xa fora convidado a participar como membro fundador do equipo, pero que, por razóns persoais, non puidera sumarse entón á iniciativa. Faino agora, o que nos enche de satisfacción e agradecemento. Sexa, pois, benvido.

E máis nada. Que haxa boa lectura!

Nota bene: Os máis recomendados obtivéronse a partir da suma dos votos de cada crític@ aplicando o seguinte baremo: 1º posto = 5 puntos, 2º posto = 4 puntos, 3º posto = 3 puntos e así sucesivamente.

Esta entrada foi publicada en Literatura galega, Tabela dos Libros e etiquetada . Garda a ligazón permanente.

3 respostas a Tabela dos Libros. Decembro 2012

  1. Andrea di:

    É curioso como os homes recomendan practicamente na súa totalidade obras escritas por homes. Isto fai que me pregunte se lles dades a todos as mesmas obras para que as lean e logo opinen ou ben elixen eles. Porque entón ao mellor o problema está na escolla inicial, é dicir, se non adoitan ler libros escritos por mulleres, nunca os van poder recomendar…

    • Ola Andrea: antes nada, moitas grazas por participar achegando o teu comentario. Como son o responsable último da organización da sección, vou permitirme responderche no nome de grupo que a leva adiante, tentando espellar o ánimo que me consta nos moveu a tod@s cando botamos a andar a iniciativa (en todo caso, o debate é aberto, así que se algún/ha del@s non estiver de acordo, estimaría moito que terciase na conversa para puntualizar o que quixer).

      Verás: @s compañeir@s que votan non reciben os libros ‘filtrados’, escolman a partir do xuízo que lles merecen as moitas lecturas que deben facer no exercicio da súa profesión de crític@s nos medios cos que colaboran. Por tanto, a selección que fan realízana a partir do conxunto de todo o que se publica, onde hai textos tanto de escritoras coma de escritores.

      Canto ás escollas particulares de cada un/ha del@s, nesta Tabela en concreto coincide que hai maioría de autores votados, pero se observas máis atentamente daraste conta de que esa maioría se produce tanto entre os críticos votantes coma entre as críticas que votan, non é unha cuestión privativa do xénero do crític@.

      Doutra parte, se consultas Tabelas anteriores observarás que nas votacións de tod@s nós hai practicamente sempre obras escritas por mulleres (na de novembro catro d@s cinco escollemos algún título de autoras e na de outubro tod@s eliximos algún libro con autoría de muller).

      Así pois, Andrea, entendo que non hai por parte nosa ánimo excluínte ningún e si tan só a intención de valorar positivamente a excelencia literaria, sexa esta de autoría feminina ou masculina, pois ambas as dúas deben ser aplaudidas.

      Reitéroche as grazas por participar e convídote a seguir visitándonos e dialogando cando gustes. Un saúdo.

  2. Grazas a Inmaculada Otero por terme lido, e amais poñerme na súa ‘pole position’. Sei que son de minorías, pero entusiastas 🙂
    Espero que isto anime a outrxs a ler Limiar de conciencia.
    E como non, parabéns a Armando Requeixo polo seu sitio, tan activo.

Os comentarios están pechados.