Os mellores do 2012 nas Fervenzas Literarias

Pois parece que este 2013 que andamos a estrear é benfadado para quen isto escribe. Aos recentes galardóns como ‘Crítico máis destacado’ e ‘Blog máis destacado’ cos que a comunidade de Redelibros quixo recoñecerme días atrás, súmanse agora novas alegrías dende as Fervenzas Literarias.

Hoxe ao mediodía fun sabedor de que, nas votacións aos premios para ‘Os mellores do 2012’ nos diferentes eidos das letras de noso, o preto de medio milleiro de participantes tivo a ben distinguirme como ‘Mellor crítico do 2012’, sinalando tamén este Criticalia como segundo ‘Mellor blog do 2012’, xusto por tras do veterano e referencial ‘Bretemas’ de Manuel Bragado.

Dende esta bitácora préstame felicitar tanto @s restantes premiad@s nas diversas categorías como @s finalistas das mesmas. Tamén si, non quero deixar de congratularme particularmente de que Montse Pena Presas e Manuel Rodríguez Alonso, compañeiros ambos no grupo da Tabela dos Libros, fosen considerados entre @s mellores crític@s do pasado ano.

Parabéns ás xentes de Fervenzas Literarias pola iniciativa, beizóns aos que seguides depositando unha confianza no meu traballo á que procurarei corresponder con maior e mellor empeño e felicitacións, outra volta, a tod@s premiad@s e finalistas.

Esta entrada foi publicada en Literatura galega, Varia e etiquetada , , , , . Garda a ligazón permanente.

3 respostas a Os mellores do 2012 nas Fervenzas Literarias

  1. Carlos di:

    Parabéns, Armando. Só nos falta que a crítica literaria se converta en disciplina olímpica.
    Bromas á parte, unha aperta.

Os comentarios están pechados.