Radiocrítica

Dou comezo hoxe a unha nova sección do Criticalia á que decidín chamar ‘Radiocrítica’. Nela irei recuperando as emisións que se inseriron no espazo de comentario de libros de Ames Radio (107.2 FM).

En conversa coa xornalista Nazaret López e baixo o control técnico de Juan Luis Silva, en luns alternos co bo amigo e investigador Xosé Antonio López Silva, trazo unha panorámica do máis salientable, para o meu gusto, entre os títulos recentes e, cando a actualidade así o demanda, comento tamén outro tipo de circunstancias literarias.

Desta volta, na emisión do 11 de novembro, quixen determe en textos de Manuel Álvarez Torneiro, Berta Dávila (Parte I, 7’), Olalla Cociña (I, 8’15), Xavier Seoane (I, 9’20), Luís Rei Núñez (I, 9’50), Miguel Anxo Fernández (I, 12’30), Manuel Veiga (II, 0’45), Raúl Dans (II, 2’10), Xosé Ramón Pena (II, 3’25), Suso de Toro (II, 4’15), Valente (II, 5’), a revista Oink! (II, 6’15), Ramón Caride Ogando (II, 9’20) e Antonio García Teijeiro (II, 10’).

Agardo que esta nova sección sexa do voso agrado. Boas (radio)lecturas!

Esta entrada foi publicada en Literatura galega, Radiocrítica e etiquetada , , , , , , , , , , , , , , , . Garda a ligazón permanente.

2 respostas a Radiocrítica

  1. Xosé Antonio López Silva di:

    Un pracer poder escoitarte tamén pola web, Armando, e estupenda idea a de vencellar os textos orais aos textos impresos de Criticalia. Excelentes as túas reflexións e comentarios, coma sempre. E coma sempre, tamén, unha forte aperta.

    • Obrigado polas túas xenerosas palabras, compañeiro Xosé Antonio. Oxalá o espazo sirva para que @s que viven lonxe de Ames (ou, estando alí, non poidan escoitar en directo as entrevistas) se dean achegado a esta nova plataforma divulgadora da nosa literatura máis actual. Unha aperta e en hora boa polo teu traballo nesta dirección!

Os comentarios están pechados.