Radiocrítica 3-4-2014

Velaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 3 de marzo en Ames Radio (107.2 FM, agora accesible on line aquí). Nesta ocasión falei con Juan Luis Silva sobre Rosalía de Castro. Imaxe e realidade, de Fernando Pereira Bueno (I: 1:43); os novos números das revistas Grial (I, 4:16) e Ferrol Análisis (I, 10:00 e II, 0:00); o colectivo Cadernos vermellos (II, 10:16), que contén os gañadores dos Premios Minerva 2013 e do que lin versos de Marcela Porto Mato; o poemario Penúltimas tendencias, de Carlos Negro (II, 7:04 e III, 0:00), do que recitei “Barbie Girl”, e mais o disco Alma (III, 2:00), de Carmen Penim e Maurizio Polsinelli, do que podedes escoitar o fermoso “Cando ti volvas” (III, 5:56).

         

a       

a       

Esta entrada foi publicada en Crítica literaria, Radiocrítica e etiquetada , , , , , , , , , , , . Garda a ligazón permanente.