Ars dedicandi: José Ángel Valente

valente_ars_dedicandiVelaquí unha dobre dedicatoria do ourensán José Ángel Valente (1929-2000) aos amigos e estudosos da súa obra Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer, este último director da Cátedra que leva o seu nome na Universidade de Santiago.

A primeira das dedicatorias é dunha obra en galego, Catro poemas inéditos, publicada en 1995 pola Xunta de Galicia nunha edición numerada e non venal que recollía composicións que logo foron parar á edición testamentaria de Cantigas de alén ao ano seguinte.

A segunda dedicatoria é da primeira versión dunha obra en castelán, Nadie, que veu luz en 1994 en forma de plaquette numerada na colección Vértex de Mataró e que, a xeito de libro aberto, seguiu medrando e engadindo novos poemas en posteriores edicións ata o pasamento do autor.

Porque a poesía de Valente ha ser sempre para nós material memoria deixando que amenza o cantor, fique aquí esta homenaxe entre o fulgor e a mandorla.

Esta entrada foi publicada en Ars dedicandi e etiquetada , , , , . Garda a ligazón permanente.