Ars dedicandi: Nélida Piñon

ars dedicandi Nelida PiñónHoxe, ás 12:00h., no que fora pazo de dona Emilia Pardo Bazán na coruñesa rúa Tabernas, outra xenial escritora, neste caso a carioca de ascendencia cotobadense Nélida Piñon, ingresará na Real Academia Galega como membro de honra da corporación.

A autora de A República dos Sonhos asinou hai case trinta anos este libro en Montreal a un seu amigo que hoxe tamén a acompañará na entrada á RAG. A escritora estampou naquela dedicatoria non só o seu afecto polo poeta Luís González Tosar, senón tamén o inmenso amor por unha terra que hoxe a recibe con honores na súa máis simbólica institución.

Esta entrada foi publicada en Ars dedicandi e etiquetada , , . Garda a ligazón permanente.