Ars dedicandi: Manuel Leiras Pulpeiro

dedicatoria leirasManuel Leiras Pulpeiro (1854-1912) foi non só un poeta de gran relevo na literatura da súa época, senón tamén un cidadán excepcional que nadou contracorrente e, en moitos sentidos, un adiantado ao seu tempo.

Republicano, federalista, masón, laicista e defensor pecho da causa da lingua nosa, desenvolveuse como profesional de prestixio na profesión médica, onde a súa filantropía lle granxeou o alcume entre as xentes do ‘médico dos pobres’.

Como galeno de mérito desenvolveu tamén literatura técnica que é unha referencia histórica, así a monografía científica Apuntes para la geografía médica del distrito municipal de Mondoñedo, un volume que coasinou xunto ao seu colega e conterráneo Pastor Taladrid Pereira (1848-1924) e que tiraron do prelo mindoniense da Tipografía Hermanos Mancebo.

Agora que andamos a cruzar a data do seu pasamento, deixo aquí a dedicatoria que Leiras Pulpeiro fixo da edición dos célebres Cantares gallegos (1911) ao seu compañeiro de angueiras profesionais, un documento centenario que se mantiña inédito ata o de agora co que Criticalia quere homenaxear a quen, sen dúbida ningunha, ‘amou a Verdade e practicou o Ben’, como nos lembra a súa campa.

Esta entrada foi publicada en Ars dedicandi e etiquetada , , , . Garda a ligazón permanente.