Dani Padrón ilustra Bululú

erik o construtorLeo Erik o construtor de soños, o novo álbum infantil saído do prelo da Editorial Bululú, unha historia redactada por Kike Gómez a partir de lugares comúns adoitos e unha estilística transparente que cobra forza nas magníficas ilustracións de Dani Padrón.

Padrón volveu demostrar aquí porque é un dos nosos máis solicitados ilustradores. A imaxinación que desprega para crear os personaxes da historia, a forza das súas coloraturas, o empastado fino das mesmas, o trazo desaristado e livián co que consegue dar forma a todo un mundo de imaxes confírmano como un creador con visión propia e sentido estético plausible.

Erik o construtor de soños é un xoguete onírico que agradará aos que queiran ler as cativadoras imaxes de Dani Padrón, acompañadas nesta ocasión da redacción expositiva dun Kike Gómez que tivo a fortuna de contar como deseñador e maquetista con Alfonso Lara, responsable dun traballo óptimo mercé ao cal brillan as fabulosas ilustracións do libro e vai canxando o texto nelas.

Esta entrada foi publicada en Crítica literaria, Literatura infantoxuvenil e etiquetada , , , , , . Garda a ligazón permanente.