Ars dedicandi: Eduardo Blanco-Amor

ars_dedicandi_blanco_amorHoxe hai trinta e cinco anos deixábanos un dos mellores escritores galegos de todos os tempos: Eduardo Blanco-Amor. A súa Auria natal lémbrao cunha ofrenda floral diante a súa campa no cemiterio de San Francisco, evento co que principian as ‘Xornadas Eduardo Blanco-Amor’ nas que, durante tres días, especialistas e estudosos analizarán a súa vida e obra no salón nobre do Liceo de Ourense.

Criticalia non quere faltar á homenaxe e exhuma un autógrafo inédito do autor. Trátase da dedicatoria da primeira edición do poemario En soledad amena á adiñeirada dama porteña Dalila Saslavsky, republicana e filántropa que moito axudou ao escritor. En xusto recoñecemento pola amizade que sempre lle brindou, Blanco-Amor inmortalizouna dedicándolle a “Profecía de Dalila”, inserida neste libro.

Esta entrada foi publicada en Ars dedicandi e etiquetada , , . Garda a ligazón permanente.