Os Reis con Otero Pedrayo

carta otero a jacomeNos comezos de xaneiro, pero de 1960, Ramón Otero Pedrayo remitía a Xosé Díaz Jácome unha carta de agradecemento en resposta a unha postal de nadal que o de Mondoñedo lle remitira días antes.

Nesta misiva inédita que aquí se exhuma, o señor de Trasalba, coa súa característica prosa, gabáballe a Díaz Jácome os versos da “Panxoliña de Noiteboa”, ao tempo que lle expresaba os mellores desexos para o ano entrante. Fágoos agora meus para transmitirvos o mellor neste día de Reis do ano que abrocha:

“¡Que teñan, acarón dos seus, un ano (…) ben inzado de ledos e fortes traballos e maxinativos folgares!”

Esta entrada foi publicada en Literatura galega, Varia e etiquetada , , . Garda a ligazón permanente.