Ars dedicandi: Daniel Pernas Nieto

ars dedicandi pernas nietoCastelao, que naceu un 30 de xaneiro de 1886, deixou dito que ‘se aínda somos galegos e por obra e gracia do idioma’. Sabíao ben o presbítero don Daniel Pernas Nieto (Abadín, 1884-Mondoñedo, 1946), autor do poemario Fala das Musas, o primeiro e case único libro escrito en galego en tempos tan pouco feraces para a nosa Clío como foron os da Guerra Civil.

Hoxe preséntase en Mondoñedo Fala das Musas e outros poemas a recuperación daquel libro de versos que permanecía sen reeditar dende decembro de 1936, cando saíra do prelo da Imprenta Foxo de Ortigueira.

Deixo a dedicatoria que o poeta dos Carballiños de Quende fixo dun exemplar da obra a Antonio Couceiro Freijomil, reputado intelectual do seu tempo, autor que foi do primeiro gran dicionario de escritores de Galicia.

Sirva este post, xa que logo, como homenaxe a quen foi ‘infusible ao soplete e inatacábel polos ácidos’ e tamén a quen desafiou o esperable e fixo que a nosa lingua puidese lerse en tempos incivís.

Esta entrada foi publicada en Ars dedicandi e etiquetada , , , . Garda a ligazón permanente.