Ars dedicandi: ‘Advento’ de Manuel María

advento_ars_dedicandiHoxe hai oitenta e seis anos que viña o mundo Manuel María, un dos poetas máis destacados e prolíficos da literatura galega da segunda metade do século XX.

Os seus comezos inscribíronse na lírica da anguria tebreguenta con títulos como Muiñeiro de brétemas (1950) ou Morrendo a cada intre (1952). Veu logo Terra Cha (1954), que marcou un cambio de rumbo na súa escrita que confirmaron libros posteriores.

No mesmo ano no que vía luz aquel volume darredor do mundo chairego publicábase tamén Advento, poemario que acolleron as Ediciones Galicia do Centro Galego de Bos Aires nunha lucidía edición para a que Luís Seoane creou a cuberta.

Este Ars dedicandi recupera as palabras que nun exemplar daquela primeira edición estampou Manuel María para os seus amigos Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer, estudoso este último que lle dedicaría unha ben ampla análise baixo o título “Manuel María e a cultura popular” no libro Poesía galega. Crítica e metodoloxía (1989).

O “corazón ilusioado” do Manuel María que lembraba en 1984 a emoción coa que estreara aqueles versos trinta anos antes é o que agora contaxia estas liñas, que queren ser un pequeno testemuño para un home grande.

Esta entrada foi publicada en Ars dedicandi e etiquetada , , , , . Garda a ligazón permanente.