Ars dedicandi: Heraclio Pérez Placer

ars-dedicandi-heraclio-perez-placerO 8 de novembro de 1866, á unha da tarde, nacía no número 3 da daquela chamada Praciña do Olmo (hoxe Saco e Arce) no barrio da Trindade de Ourense Heraclio Pérez Placer.

Médico de profesión, foi un escritor de ampla traxectoria, cultivando por igual poesía e prosa, tanto en galego coma en castelán, e tamén teatro e mesmo zarzuela neste último idioma. Secasí, o eido no que salientou foi o narrativo, especialmente en dous títulos que reúnen compilacións de relatos: Contos da terriña (1895) e Beira do lar (1901).

O presente ars dedicandi recolle palabras estampadas no primeiro destes libros e está dirixido a Manuel Martín Losada.

Rescato e transcribo as garimosas verbas ao dedicatario, que han servir aquí de homenaxe a Pérez Placer no cento cincuenta aniversario do seu nacemento.

Para Manuel Martín Losada

Dicen que este libro es el mejor que tengo, aunque no sea cierto, porque nada mío es bueno, es, sin embargo, el que habla más de mi patria y por lo tanto el más querido. Por esto lo dedico con gusto, pues siendo tú el amigo á quien más quiero, quisiera darte con el libro una prueba de que lo mejor que yo tengo es tuyo como lo es mi alma, unida con la tuya por amistad eterna, que no en balde es la amistad el perfume del corazón.

Acógele pues con el mismo entusiasmo que te lo dedico y espera el mejor premio para tu hermano

Heraclio P. Placer

 

Esta entrada foi publicada en Ars dedicandi e etiquetada , , , . Garda a ligazón permanente.

2 respostas a Ars dedicandi: Heraclio Pérez Placer

  1. O ano do seu nacemento foi 1866, polo que se celebran 150 anos. Mágoa que data tan sinalada non sexa festexada en ningures. Es dos poucos que te lembras do escritor ourensá, que tamén desenvolveu parte importante da súa obra en Compostela. No noso blog adicarémoslle unhas cantas entradas nos vindeiros días: auriacidadeliteraria.blogspot.com Tamén no almanaque das Irmandades lémbranse hoxe de el.

    • Estás no certo. É unha data abondo sinalada, así que concordo contigo en que é mágoa que non se lembre con máis intensidade, sobre todo no seu Ourense natal. Graciñas, Auria Augasquentes.

Os comentarios están pechados.