Visitas
Parlamento das Letras
Parlamentos recentes
Outras lecturas críticas (1991-2010)
Amilladoiro
- francisco x. fernández naval en Parlamento das Letras: Eva Veiga
- Charo Portela Yáñez en Para ler a Paz Andrade
- Armando Requeixo en Arañeira vital
- Anónimo en Arañeira vital
- Antón Riveiro Coello en Olga Novo e Antón Riveiro Coello, premios da Crítica
Estou a ler
Próximos:
- Parafusos, de Óscar Seoane Casqueiro
- 2044, de Eduardo Santiago
- Espirais, de Javier Mosquera Saravia
- Anoiteceres estraños, de Varios autores
- O código da vincha, de Calros Solla
Actuais:
Recentes:
- A aldea, de Xavier Frías Conde
- Corazón de pedra, de Agustín Fernández Paz
- Valentín Paz Andrade. Vida e obra, de Charo Portela Yáñez
- Os ángulos da brasa, de Manuel Álvarez Torneiro
- Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño
Histórico
Categorías
- Banda deseñada
- Crítica literaria
- Derivas
- Día de Feira
- Ensaio galego
- Ensaio galego actual
- Literatura galega
- Literatura galega de tradición oral
- Literatura infantoxuvenil
- Narrativa galega
- Narrativa galega actual
- Outras literaturas
- Parlamento das Letras
- Poesía galega
- Poesía galega actual
- Sen clasificar
- Teatro galego
- Teatro galego actual
- Tradución
- Varia
Category Archives: Banda deseñada
Xeración Stand By
Acabo a lectura —mellor debería escribir a visolectura— da suxestiva novela gráfica de Miguel Cuba Punto de fuga, unha nova proposta de Demo Editorial, selo que, xunto a El Patito, é hoxe un dos principais esteos editores da BD galega.
Punto de fuga narra en imaxes acompañadas de breves textos o día a día dun mozo que vive en Compostela e loita por atopar o seu lugar na sociedade, por integrarse vital e laboralmente, conseguir regularizar as súas avoltas relacións sentimentais e lograr dar un sentido ao seu futuro.
Cómpre dicir que se fai evidente o pouso autobiográfico do relato: o protagonista é un rapaz duns trinta anos (Cuba naceu en Lugo en 1982), estudou Belas Artes e ocupa o seu tempo en dar clases, aproveitar bolsas para novos creadores e, sobre todo, debuxar.
O que máis me atrae de Punto de fuga é a súa pegada crítica, a sutil e subversiva denuncia dunha sociedade que condena á pasividade, ao stand by, toda unha xeración moi ben formada pero sen posibilidades de desenvolver o seu potencial. Ese drama colectivo vai reflectíndose nas viñetas de Cuba que, como sabiamente sinala Miguelanxo Prado no prólogo ao volume, teñen “un certo punto de frialdade técnica, de debuxo técnico, froito do trazo limpo e regular, que lle dá obxectividade e que potencia moitísimo a credibilidade da historia”, non sendo tampouco menor o acerto no tratamento da cor que é “coherente con esta proposta gráfica, e a paleta cromática deslízase sen estridencias cara a tonalidades que van envolvendo o lector nesa atmosfera de desacougo calado, de pesadume e intranquilidade normalizadas que tinxen a vida do protagonista”.
Unha atractiva aposta este Punto de fuga, novela gráfica coa que Miguel Cuba se descobre como un sensible espectador do teatro mundo e as súas xeiras.
Na categoría Banda deseñada, Crítica literaria
Coas etiquetas Banda deseñada, Crítica literaria, Demo Editorial, Miguel Cuba, Punto de fuga
1 Comentario
Historias nómades
Acabo de ler a excelente novela gráfica Nomades de Xosé Tomás, un traballo excepcional tanto pola calidade das súas imaxes coma pola fondura das historias recreadas.
As nómades de Tomás son mulleres inmigrantes que sobreviven aos seus propios naufraxios: nais que arriscan a vida tentando ofrecerlles un futuro mellor aos fillos; mozas que se prostitúen para, dende a distancia, contribuír á mirrada economía familiar; empregadas do fogar que malpasan os días alleadas, sen papeis que as axuden a se desescravizar…
Estas Nómades son a banda deseñada dun docudrama terrible, a mostra máis vergoñenta de que temos creado un mundo de inxustizas mortais, a proba evidente de que os soños tamén se asasinan. E cando as nosas ilusións por vivir esvaecen, ¿que nos queda?
Xosé Tomás abre a espita das malas conciencias para lembrarnos que unha outra orde debería ser posible. Só cómpre que actuemos consecuentemente.
Na categoría Banda deseñada, Crítica literaria
Coas etiquetas Banda deseñada, Crítica literaria, Editorial Galaxia, Nómades, Xosé Tomás
Leave a comment
A banda de Lois
Jacobo Fernández Serrano ten un especial ollar para as cousas das nosas letras. Demóstrao sobradamente en Lois Pereiro. Breve encontro, o volume de banda deseñada no que biografa en imaxes ao autor monfortino.
En branco e negro, cun viñetado deliberadamente asimétrico, atinados xogos de fundidos en escuro, globizados puntuais e caricaturas que por veces se saen á matenta do enmarque, invadindo creativamente espazos contiguos, creando un sensación sinesticamente táctil de lostregueo visual.
Ben documentada, esta historia icónica que Fernández Serrano nos propón camiña a rente do Lois Pereiro máis humano e, sen escurecer o persoeiro literario, devólvenos unha súa visión definitivamente máis próxima.
Para o meu gusto, entre o melloriño as ilustracións a dobre plana e, tamén si, os retratos do poeta, moi elaborados e de trazo sutil.
Se o que procuran é unha aproximación amena á vida e á obra de Pereiro, este cómic é a súa escolla. Mágoa que Xerais acordase tan tarde e a publicación se distribúa acabando o curso. Centos de escolares perderon a oportunidade dunha recomendación oportuna dos seus profesores, porque xa se sabe que, neses eidos, ao pasar o día, pasa tamén a romaría.
Na categoría Banda deseñada, Crítica literaria
Coas etiquetas Banda deseñada, Crítica literaria, Edicións Xerais, Jacobo Fernández Serrano, Lois Pereiro. Breve encontro
2 Comentarios













