Visitas
Parlamento das Letras
Tabela dos Libros. Maio 2013
Parlamentos recentes
Amilladoiro
Estou a ler
Próximos:
- Carlos Casares, o amigo das palabras, de Rafael Laso Lorenzo
- Obras completas, de Roberto Vidal Bolaño
- O misterio dos bailaríns. Penca de prata, de Arthur Conan Doyle (trad. de Alejandro Tobar)
- O asombro, de Fantoches Baj (sobre textos de Uxío Novoneyra)
- Leda m\’and\’eu. Erótica medieval galaica, de Olga Novo
Actuais:
Recentes:
- O gato fantasma, de Xelís de Toro
- O aprendiz de home do saco, de Antonio Reigosa
- Intermitencia da cidade, de Helena Salgueiro
- Festival, de César Aira (trad. Juan Tallón)
- Viaxe a Lánsbrica, de Miguel Mosquera Paans
Histórico
Categorías
- Banda deseñada
- Crítica literaria
- Derivas
- Día de Feira
- Efemérides
- Ensaio galego
- Ensaio galego actual
- Literatura galega
- Literatura galega de tradición oral
- Literatura infantoxuvenil
- Literatura insólita
- Narrativa galega
- Narrativa galega actual
- Outras literaturas
- Parlamento das Letras
- Poesía galega
- Poesía galega actual
- Tabela dos Libros
- Teatro galego
- Teatro galego actual
- Tradución
- Varia
Tag Archives: Editorial Everest
Intrigas mexicanas
Francisco X. Fernández Naval publicou recentemente a terza entrega da serie novelística protagonizada por Suso Espada, ese seu detective que, dende o propio nome, rende homenaxe ao Spade de Hammett e que ten modos e faceres que lembran outros investigadores creados polos máis grandes do xénero.
En Suso Espada. “Nota Roja” o homónimo personaxe viaxa a México para tentar resolver o enigma que rodea o secuestro dun seu primo que vive en Oaxaca. Con esa escusa, iremos descubrindo a través dos ollos do empregado da axencia ADN (Axencia de Detectives Nabucodonosor) xentes e lugares que nos devolven un suxestivo e singular retrato do país centroamericano.
Vertixinosa, mistérica e sorprendente, a novela espreme con mestría o recurso da intriga, ao que axuda unha escolleita galería de personaxes sabiamente caracterizados e uns diálogos áxiles e cribles.
Se esquecemos algúns saltos de raccord (personaxes de idades cambiantes) e a máis que discutible decisión de reproducir determinados parlamentos en castelán (algo que dende o realismo narrativo nin se precisa nin se xustifica), este Suso Espada. “Nota Roja” é un ben notable relato, de talento certo na escrita e segura aventura na trama, valores que saberán apreciar quen anden á procura dun texto ameno e de calidade para solaz das horas.
[Publicado nos xornais Faro de Vigo, 3-3-2011 e La Opinión, 12-3-2011]
Crónicas da Carricanta
Ana María Fernández volve sorprender a pequenos e maiores coa súa última obra, o libro de poemas Páxinas de Carricanta, publicado pola división galega da Editorial Everest na súa colección Punto de Encontro.
Este singular poemario asenta a súa orixinalidade no particular enfoque emisor, pois a voz lírica que nas composicións se descobre é, como do propio título pode deducirse, a dunha carricanta que, dende os seus ollos de insecto, vai cantando as súas vivencias no medio natural e aínda alén.
Ora ben, sobre destes versos de Fernández paira máis a sombra do franciscanismo neovirxilianista da escola mindoniense que a ascendencia cascuda kafkiana, pois son estes textos nos que a tenrura e o abraio co que se tratan as realidades máis nimias dos campos, bosques e montes se fai moi visible.
De por parte, esta fábula poética —ilustrada a toda plana polas magníficas fotos outonais de efecto flou de Daniel Puente Bello— acaba por devolvernos unha consideración abondo reflexiva sobre das grandes cuestións que afectan os seres humanos, mais revestida de aparente peripecia de melancólico insecto, o que consegue abrir as posibilidades interpretativas do volume ao lectorado máis novo, quen poderá facer unha achega menos simbólica e gozar igualmente coa descrición do reino animal e das andainas desta peripatética carricanta por entre os seus conxéneres e demais veciñanza animal e vexetal.
Cunha formulística que fai convivir con fortuna os metros máis clásicos co versolibrismo máis actual, as poesías de Páxinas de Carricanta arrincan por veces coruscantes faíscas estilísticas nas que algunhas metáforas e símiles vernizan esta escrita de calidade, recomendable por igual para grandes e cativos.













