Visitas
Parlamento das Letras
Parlamentos recentes
Outras lecturas críticas (1991-2010)
Amilladoiro
- francisco x. fernández naval en Parlamento das Letras: Eva Veiga
- Charo Portela Yáñez en Para ler a Paz Andrade
- Armando Requeixo en Arañeira vital
- Anónimo en Arañeira vital
- Antón Riveiro Coello en Olga Novo e Antón Riveiro Coello, premios da Crítica
Estou a ler
Próximos:
- Parafusos, de Óscar Seoane Casqueiro
- 2044, de Eduardo Santiago
- Espirais, de Javier Mosquera Saravia
- Anoiteceres estraños, de Varios autores
- O código da vincha, de Calros Solla
Actuais:
Recentes:
- A aldea, de Xavier Frías Conde
- Corazón de pedra, de Agustín Fernández Paz
- Valentín Paz Andrade. Vida e obra, de Charo Portela Yáñez
- Os ángulos da brasa, de Manuel Álvarez Torneiro
- Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño
Histórico
Categorías
- Banda deseñada
- Crítica literaria
- Derivas
- Día de Feira
- Ensaio galego
- Ensaio galego actual
- Literatura galega
- Literatura galega de tradición oral
- Literatura infantoxuvenil
- Narrativa galega
- Narrativa galega actual
- Outras literaturas
- Parlamento das Letras
- Poesía galega
- Poesía galega actual
- Sen clasificar
- Teatro galego
- Teatro galego actual
- Tradución
- Varia
Tag Archives: Holocausto zacoe
Un tsunami chamado Solla
A traxectoria poética de Calros Solla debuxa unha liña ascendente que, duns anos para acó, inflexiona ata alturas máis que notables. As máis recentes mostras do que afirmo son os libros MazinGZ, co que obtivo o Premio Johan Carballeira, e mais Holocausto zacoe, co que gañou o Certame de Poesía Victoriano Taibo. Sobre deste último quixera agora dicir dúas palabras.
Holocausto zacoe non un é libro de versos ao uso, é un urro esconxurador, o gargallo que cospe á cara dos seus executores o condenado a morte na súa derradeira xeira. Os poemas deste libro denuncian a actual doma e castración da nación zacoe, a súa sumarísima devastación por parte do “Estado Maior das ZZ” e o seu brazo armado, a “Oficina de Asuntos Indíxenas”, encargados de reducir a cinza a etnia aborixe zacoefalante.
Os textos de Solla emparentan naturalmente co Far-west de Carlos Negro e a Mongólia de Igor Lugrís, constituíndo estes o tríade dos mellores poetas sociais galegos do século XXI, herdeiros, por dereito propio, da estirpe currosiana, leiraspulpeiriana, celsoemiliana.
Hai en Solla virtuosismo epigramático, mestría satírica e habelencia paródica que varren tal un tsunami calquera reticencia lectora, pois quen queira que se achegue a este excepcional Holocausto zacoe por forza ha de se render á súa sutileza de malabar verbal, á definición lapidaria e a ironía debeladora, humor necrosado e irreverente que aguilloa a conciencia, que fere e laña e eviscera ata a medula, evidenciando a pasividade que nos inmobiliza ao contemplar a morte da nosa nación zacoe. Non sexas cómplice: le.
[Co título "Esconxurador urro", publicado nos xornais Faro de Vigo, 19-1-2012 e La Opinión, 28-1-2012]











